miércoles, 12 de diciembre de 2018

😲Camiseta máxica😲

Hoxe veu  visitarnos Lucía, a mamá de Bruno, e trouxo unha camiseta máxica que nos permite ver o noso corpo por dentro.Foi moi divertido!
                                                                  Moitas grazas Lucía!!

jueves, 1 de noviembre de 2018

🎃Unha semana de medo🎃

Esta semana andivemos enredados co SAMAÍN
Na biblioteca fixemos un bufo moi saboroso axudados polos nenos de 5ºP.
Vimos o conto de Carabuñas 
Adornamos a clase con vampiros, esqueletos, monstros,bruxas,..
Pintamos caras de medo nas patacas fritas!
E rematamos cunha festa terrorífica😱😱



sábado, 20 de octubre de 2018

Ule a castañas asadas!!

Estes días, aproveitando o bo tempo, saímos a recoller castañas dos nosos castiñeiros.
Como dirían os nosos avós " non é ano delas"hai poucas e tardan en caer, por iso ata tivemos que abanealas e mesmo barealas.
Había moitas danadas e con vermes, tivemos que escollelas, railas e por último asalas
O mellor foi pelalas ben quentiñas e saborealas😋😋



viernes, 28 de septiembre de 2018

😲Unha MANTIS na nosa ventá!😲

Hoxe cando chegamos á clase e miramos o comedeiro dos paxaros, non só vimos que  comeran toda a mazá que lle sobrou a Bruno, senon que ao ladiño, pegada á ventá había unha fermosa mantis relixiosa moi ben camuflada, observámola un bo rato, vimos que é moi curiosa e que se pasa moito rato limpiando as patiñas coma se fose un gatiño, vimos algún video para aprender máis cousas; soubemos que é capaz de xirar a cabeza  para tódolos lados, que come outros bichiños,...tamén a debuxamos e mesmo lle buscamos unha familia.

martes, 4 de septiembre de 2018

CURSO 2018-2019

O día 12 de setembro volvemos ás clases, ese día os de Infantil empezamos ás 11:15h.
🙋 AGÁRDOVOS NO COLE!!


jueves, 3 de mayo de 2018

🎶A volta ao mundo en 80 notas🎶

Hoxe asistimos a un concerto didáctico moi entretido, os protagonistas percorreron o mundo mostrándonos a música, bailes, gastronomía,... dos diferentes países e vivimos con eles aventuras moi emocionantes de piratas, leóns e mesmo ser perseguidos por tiburóns e rescatados por Bod Esponxa.
Máis no blog do cole

sábado, 28 de abril de 2018

Aniversario de ESTER

Parabéns!!

A festa dos Libros

                                Esta semana pasámolo xenial cos libros da maleta fantástica
Compuxemos o noso propio libro e marcapáxinas
e falamos de Cervantes e do QUIXOTE


jueves, 12 de abril de 2018

Unha xornada coa Garda Civil

 Hoxe foi un día moi especial; visitounos a Garda Civil con todo o seu equipamento:
coches, motos, un helicóptero,...deixaráronnos subir  e argallar en todo e pasámolo xenial cos cans que atoparon a Manuel que estaba agochado nunha caixa.

viernes, 23 de marzo de 2018

Chega a primavera!

Deixamos atrás o inverno e saímos observar que aconteceu
Fixémoslles uns comedeiros para os paxaros
Festexamos o día da árbore e da auga plantando uns salgueiros e gozamos co conto 
"A auga , o dragón e o salgueiro"



miércoles, 21 de marzo de 2018

Contacontos

Hoxe contáronnos un conto que non tiña título, tivemos que poñerllo nós.
Da mán de "Tú y yo...Educa"fixemos un percorrido polo noso corpo e 
descubrimos un agasallo ben bonito.

miércoles, 14 de marzo de 2018

☆CAE UNA ESTRELLA☆

Hoxe a profe Lucía Vázquez veu cos nen@a de 4 anos B e contounos un conto moi bonito que escribiu ela   CAE UNA ESTRELLA     Escoitámolo moi atentos, subímonos nunha nube e rematamos moi relaxad@s fundidos nunha aperta.
Moitas grazas Lucía por ter compartido con nós o teu libro.


jueves, 8 de marzo de 2018

Hoxe é o día das MULLERES

Mirade que ledas  as nenas da nosa clase festexando o seu día
Tamén debuxamos ás mulleres que son importantes na nosa vida
e fixemos un agasallo para as mamás, que sen dúbida, son as que máis contan